TDT

TDT

A Oficina da Televisión Dixital en Galicia da Xunta informa que nesta semana ten previsto no centro de extensión de cobertura de Fene a seguinte actuación;
 
Apagamento neste centro da frecuencia de emisión do múltiple RGE2 (La 1 UHD, Clan, DKiss), que se emite actualmente na canle 42, e o acendido do múltiple MPE4 na canle 45 (Boing, Energy, Mega, Trece).
 
Así, a partir do 5 de novembro, cando se prevé iniciar a primeira fase do plan, os veciños e veciñas que reciban o sinal deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT, e no caso das comunidades de veciños, pode que sexa necesario axustar a instalación colectiva para asegurar a calidade da recepción. O centro de Fene pasará a emitir as seguintes canles:
Canle 22 (RGE1): TVE1, TVE2, Clan, 24h, TDP (Teledeporte)
Canle 25 (MUX AUTONÓMICO): TVG, G2, TVG UHD.
Canle 28 (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, BeMad
Canle 35 (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, Dmax, Veo7
Canle 38 (MPE2): A3, La Sexta, Neox,ova, A3series
Canle 45 (MPE4): Boing, Energy, Mega, TreceTV
 
As entidades de poboación de Fene, que se beneficiarán deste cambio, son:
 
Na parroquia de BARALLOBRE (SANTIAGO):
OS CARBALLÁS
 
Na parroquia de PERLÍO (SANTO ESTEVO):
A PALLOTA/A RÚA ALTA/A RÚA BAIXA/ A XUNQUEIRA/AS CENTEEIRAS/ AS CHANCAS/ O PACHUZO/ O PAVILLÓN/ O PENEDO DE ABAIXO
 
No caso de dúbida, a Oficina da Televisión Dixital en Galicia pon a disposición da veciñanza o 📞 881 866 388 ou na web 🖱️ www.tdtgalicia.gal