Avisos

22-07-2022

Anuncio de cobranza padrón do IAE 2022

Anuncio de cobranza, remitido pola Deputación da Coruña, relativo ao padrón do Imposto de Actividades Económicas 2022 - Delegada xestión tributaria e recaudatoria na Deputación Provincial de A Coruña. 
21-07-2022

Período medio de pago a proveedores do 2º trimestre do ano 2022

O Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a proveedores das Administracións Públicas e as condicións e o procedemento de retención de recursos dos rexímenes de financiación, previstos na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade Financieira, establece que as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e publicarán nos seus portais web: o período medio de pago global a proveedores, o período medio de pago da entidade (que no caso do Concello de Fene coincide co global porque non hai máis entidades), o ratio de operacións pagadas e o ratio de operacións pendentes de pago, todos eles referidos ó trimestre anterior, calculados segundo a metodoloxía establecida no mesmo, e segundo os modelos tipo de publicación facilitados ás corporacións locais polo Ministerio de Facenda. Polo que unha vez remitidos os datos resultantes do programa de contabilidade municipal ó Ministerio de Facenda a través da plataforma da "Oficina Virtual para la Coordinación Financiera con las Entidades Locales", resulta o documento que se adxunta, que pasa a ser publicado na páxina web do Concello de Fene, dacordo co anteriormente exposto.
21-07-2022

Bando do Día da Patria Galega 2022

Perante a proximidade do 25 de xullo, Día da Patria Galega, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, vén de publicar un bando municipal no que lembra que nesta xornada "homenaxeamos aos nosos devanceiros, a quen nos precederon na loita polas liberdades democráticas e o autogoberno, nomeadamente a Daniel e a Amador e a todas aquelas persoas que hai 50 anos, no de 10 de marzo de 1972, saíron á rúa para defenderen os seus dereitos laborais e protagonizar un dos fitos máis importantes na historia do movemento obreiro galego".
Asemade, no documento salienta o carácter reivindicativo desta data "na que cómpre reclamar maiores cotas de autogoberno pois cómpre dar resposta aos retos actuais, tanto globais coma locais. Galiza arde de Ortegal ao Miño por mor da falta de políticas forestais e de desenvolvemento do medio rural acaídas. Combater o cambio climático precisa dunha transición enerxética que potencia a implantación de enerxías renovables pero non a calquera prezo".
Por último, o primeiro rexedor fenés anima á veciñanza a pendurar as bandeiras galegas en fenestras e balcóns e desexa "un Feliz 25 de xullo co corazón e a razón pensando na terra, nos símbolos, nos nosos elementos de identidade, mais tamén coa ollada posta nun futuro de xustiza, progreso e prosperidade para o noso país".
15-07-2022

Boletín informativo do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene

O Servizo de Orientación laboral do Concello de Fene achega un novo Boletín Informativo onde  se recollen ofertas dos ámbitos formativo-ocupacionais, accesibles a usuarios/as do concello de Fene. 
 
14-07-2022

Anuncio cobranza SAF xuño 2022 (básico e dependencia)

Anuncio aprobación dos padróns fiscais correspondentes ao mes de xuño do 2022 de SAF, a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar.
04-07-2022

Bando informativo_Ciclo Xullo, mes da Patria

23-06-2022

Boletín informativo do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene

20-06-2022

Aprobación padróns fiscais correspondentes ao mes de maio do 2022 de SAF a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar

14-06-2022

Anuncio da exposición pública da matrícula do IAE - Exercicio 2022

14-06-2022

Regulamento municipal polo que se regula a modalidade de prestación de servizos en réxime de teletraballo do Concello de Fene