A Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene convida aos colexios, entidades sociais e veciños e veciñas a descubrir este museo, concebido na actualidade coma un importante recurso ao servizo do ocio cultural e educativo.
O Museo do Humor de Fene amosa nas súas instalacións centos de orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo: Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker, Fontanarrosa, Pinto&Chinto, etc
O Museo do Humor de Fene ten a súa sede na Casa da Cultura de Fene (rúa Conces 20-22. Fene). O horario de visitas é, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:50 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00. (NOTA: O horario cambia durante os períodos de vacacións escolares)
Lugar de solicitude
Para visitas concertadas ou de grupos a esta instalación municipal cómpre chamar ao teléfono do Museo do Humor 981 34 2 400, ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo:museodohumor@gmail.com.