A sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico permite a cidadanía de Fene xestionar o cambio de domicilio no permiso de condución e circulación, no propio Concello.
Aqueles feneses e fenesas que o precisen e que figuren inscritos no Padrón Municipal de Habitantes, poden acudir ás oficinas da Policia Local en horario de 09.00 h a 13.00 h a xestionar os cambios de domicilio.
Documentación
Permiso de conducir do solicitante e permiso de circulación do vehículo.
Notas para a cidadanía
Trámite gratuíto.
Lugar de solicitude
[Policía Local] .Avda. do Concello s/n. 15500 - Fene
Teléfono: 981 492 777 / Fax: 981 492 723 / Email: policia.local@fene.gal
Horario de atención ao público: tódolos días do ano de 07:30 a 21:30 horas.