Obxectos perdidos

Que fago se atopo un obxecto perdido en Fene?

  • Trasládoo á Policía Local de Fene
  • Alí rexistrarán todos os meus datos DNI, domicilio, teléfono (estes achéganse voluntariamente) xa que se o obxecto e de valor ao transcorrer 2 anos sen que apareza o lexitimo dono, devolveráseme o obxecto.
  • Os demais obxectos: roupa, paraugas, lentes... transcorridos uns meses por imposibilidade de mantelos entréganse a institucións ou destrúense segundo o seu estado. Os móbiles pasan a reciclaxe, pola lei de protección de datos

Que fago se quero recuperar un obxecto depositado nas Oficinas da Policía Local?

  • Diríxome á Policía Local de Fene
  • Describirei o máis preciso posible o obxecto.
  • Traererei a factura (se a ten).
  • No caso de móbiles: traerei o cargador, a factura do móbil onde consta o código IMEI e/ou o código PIN.
  • Se son xoias traerei fotos coa xoia, a súa parella, ou factura da mesma ou calquera outro dato que lle identifique como propietario/a da mesma.

 

Avisos de Obxectos Perdidos

Datos de contacto

[Policía Local] .Avda. do Concello s/n. 15500 - Fene
Teléfono: 981 492 777 / Fax: 981 492 723 / Emailpolicia.local@fene.gal
Horario de atención ao público: tódolos días do ano de 07:30 a 21:30 horas.

Áreas