A solicitude de orde de domiciliación bancaria é a tramitación necesaria para realizar o cobro dos impostos e das taxas municipais a través da conta de banco ou caixa.
Pódense domiciliar todos os recibos dos Impostos, Taxas e Prezos Públicos municipais.
Posteriormente a persoa interesada pode solicitar modificacións de conta ou dar de baixa a domiciliación.
Lugar de solicitude
Casa do Concello [Rexistro Xeral, 1º andar] Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene
Teléfono: 981 492 707, Extensión: 205
Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas
Lugar de tramitación
Casa do Concello [Departamento de Tesourería] Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene
Teléfono: 981 492 707 / Email: tesoureria@fene.gal
Prazo
A solicitude realizarase ao menos dous meses antes do inicio do período de cobro en voluntaria (art. 25 do Rd 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación ), noutro caso, surtirá efecto a partires do período seguinte.