Solicitude Xantar na Casa

Poderán solicitar este servizo nos servizos sociais do concello concello todas as persoas que, cumprindo os requisitos, estean empadroadas e sexan residentes en Fene, concello no que está implantado o servizo de Xantar na Casa. A valoración das persoas usuarias será realizada polos servizos sociais do concello, que enviará a listaxe o informe individual da/s persoas ás que se lles vai prestar o servizo, ao Consorcio.
A presentación  da solicitude formalizaránse mediante escrito dirixido ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Fene

Atención telefónica:

Habilitarase, para as persoas beneficiarias, unha liña telefónica aberta ininterrompidamente os 365 días do ano para atender calquera incidencia na prestación do servizo: 900 400 429.

Datos de contacto:

Servizos Sociais de Fene.- Tfnos: 981342607// 981492706.- servizos.sociais@fene.gal

Consorcio.- Tel: 981 568 708/09|  xantarnacasa.consorcio@igualdadebenestar.org

Documentación:

Xunto a solicitude as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do DNI de todas as persoas da unidade de convivencia maiores de 18 anos.
  • Fotocopia compulsada do libro de familia e Titulo de Familia Numerosa, no seu caso.
  • Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio ou convenio regulador, no seu caso.
  • Xustificantes( orixinais ou copia compulsada) dos ingresos da unidade familiar referentes aos 3 meses anteriores á solicitude, así como fotocopia compulsada da última declaración da renda das persoas físicas ou no seu defecto, certificación negativa de facenda.
  • Certificacións das contas bancarias da unidade de convivencia e referidas ao exercicio inmediatamente anterior.
  • Xustificantes dos gastos de vivenda referidos aos 3 meses anteriores á solicitude.(orixinais ou copias compulsadas)
  • Recibo de contribución da vivenda propia e demáis propiedades que posúan os compoñentes da unidade de convivencia(orixinal ou copia/s compulsada/s).
  • Declaración Xurada de ingresos, segundo o modelo oficial.
  • Informes médicos, no seu caso.
  • Documentos acreditativos das circunstancias persoais, sociais e económicas que se presenten para ser puntuadas no baremo de acceso ao programa e que se recolle no artigo 7 do presente regulamento.

Lugar de solicitude:

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa súa traballadora social de zona, nos servizos sociais do Concello de Fene.

As solicitudes formalizaránse mediante escrito dirixido ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Fene no Rexistro de Entrada do Concello de Fene.

Áreas
Descargas