Compensación de débedas

As débedas a favor da Facenda Municipal que se atopen en fase de xestión recadatoria, tanto voluntaria como executiva, poderán extinguirse total ou parcialmente por compensación cos créditos recoñecidos (aprobados) polo Concello a favor do debedor.
A compensación acordarase de oficio (so para débedas que se atopen en período executivo) ou a instancia do debedor ou obrigado tributario.

O debedor ou obrigado tributario poderá solicitar a compensación das débedas que se atopen tanto en período voluntario de pago como en período executivo.

Efectos da compensación:

  • Adoptado o acordo de compensación, declararanse extinguidas as débedas e créditos na cantidade concorrente. Dito acordo será notificado ao interesado e servirá como xustificante da extinción da débeda.
  • Se o crédito é inferior á débeda, a parte de débeda que exceda do crédito seguerá o réxime ordinario, iniciándose o procedemento de prema, se non é ingresada ao seu vencemento, ou continuando dito procedemento, se xa fose iniciado con anterioridade, sendo posible practicar compensacións sucesivas cos créditos que posteriormente podan recoñecerse a favor do obrigado ao pago.
  • No caso de que o crédito sexa superior á débeda, declarada a compensación, abonarase a diferencia ao interesado.

Lugar de tramitación

Casa do Concello. Avda. do Concello s/n.  - 15500 Fene

Teléfono: 981 492 707  / Fax: 981 492 788

Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas

Áreas
Descargas