Devolución de ingresos

O artigo 31 da Lei Xeral Tributaria establece que a Administración tributaria devolverá as cantidades que procedan dacordo co previsto na normativa de cada tributo.

E o artigo 32 da mesma Lei indica que a Administración tributaria devolverá aos obrigados tributarios, aos suxeitos infractores ou aos sucesores duns e outros, os ingresos que indebidamente se realizaron no Tesouro Público con ocasión do cumprimento das súas obrigas tributarias ou do pago de sancións, conforme ao establecido no artigo 221 desta Lei.

O interesado poderá solicitar devolución de ingresos perante o Concello presentando a seguinte documentación:

  • Solicitude de devolución de ingresos (instancia xeral).
  • Xustificante do pagamento do ingreso cuia devolución se solicita.
  • Certificado bancario de titularidade de conta bancaria a nome do contribuínte.
  • Documentación que xustifique a procedencia da devolución.

As devolucións de ingresos correspondentes a tributos ou ingresos cuia xestión tributaria ou recadatoria esté delegada polo Concello na Deputación Provincial da Coruña deberán solicitarse perante dita Administración.

Lugar de solicitude

Casa do Concello. Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene

Teléfono: 981 492 707  / Fax: 981 492 788

Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas

Áreas