Contra os actos ditados polo Concello en vía de xestión dos seus tributos propios e dos seus restantes ingresos de Dereito Público, poderá interpoñerse o recurso de reposición previsto no artigo 14 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
O prazo de interposición deste recurso é dun mes contado dende o día seguinte ao da notificación expresa do acto cuia revisión se solicita ou ao de finalización do período de exposición pública dos correspondentes padróns ou matrículas de contribuíntes ou obrigados ao pago.
O Concello de Fene ten delegado na Deputación Provincial da Coruña:
- A xestión tributaria e recadatoria voluntaria e executiva do imposto sobre bens inmobles, o imposto sobre actividades económicas e o imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
- A xestión recadatoria voluntaria e executiva dos padróns da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos, da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas entradas de vehículos a través de beirarrúas, e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase, e da taxa pola prestación de servizos no cemiterio municipal.
- A recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outros ingresos de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.
- A competencia de recadación voluntaria e executiva das multas por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria que impoña a policía municipal.
En antención ao anterior os recursos administrativos contra os actos ditados no ámbito de dita delegación, deberán presentarse perante a Deputación Provincial da Coruña.
Lugar de solicitude
Casa do Concello. Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene
Teléfono: 981 492 707 / Fax: 981 492 788
Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas