Anuncio nomeamento funcionario interino arquitecto técnico
24-07-2018
Publicado o anuncio da Resolución da Alcaldía 923 do 24/07/2018 relativo ao nomeamento como funcionario interino dunha praza do grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala: técnica; denominación: arquitecto técnico, para substituír por vacacións ao titular e cubrir a posterior vacante, tras o seu pase á xubilación no departamento de urbanismo, posto 03.01.00.03 da RPT.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse potestativamente o RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, significándolle que se interpón o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa
resolto expresamente ou se teña producido a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto.
Transcorrido un mes dende a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle teña notificado resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ao de aquel no que se teña producido a súa desestimación por
silencio administrativo.
Non obstante, poderase impugnar directamente a resolución ante a orde xurisdicional contenciosoadministrativa (artigo 123.1 da Lei 39/2015). A tal efecto, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSOADMINISTRATIVO,
no prazo de dous meses, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol, sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime pertinente.
Os prazos cóntanse a partir do día seguinte á publicación desta resolución na páxina web do concello.