Convocatoria dos procesos de selección para a creación de dúas listas de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de chofer condutor/a e peón/a tractorista

Convocatoria dos procesos de selección para a creación de dúas listas de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de chofer condutor/a e peón/a tractorista

O obxecto desta convocatoria é a creación de dúas listas de aspirantes ás seguintes prazas de funcionario/a interino/a:

 Chofer condutor/a, grupo: C; subgrupo: C2; escala: administración especial; subescala: servizos especiais.

 Peón/a-tractorista, grupo: agrupación sen titulación; escala: administración especial; subescala: servizos especiais.

As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ao modelo que figura no anexo I e dirixiranse ao alcalde da Corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.

Presentaranse no Rexistro xeral do Concello, podendo presentarse tamén conforme ao sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

No caso de presentación presencial, será necesaria a cita previa para limitar o aforo, sendo as canles para realizar a petición as seguintes:

– Cita previa telefónica: 981 06 10 34 / 671 508 166

(De luns a venres en horario de 8.00 - 15.00 horas).

– Petición online: https://sede.fene.gal/opencms/gl/cita/

– Cita previa por correo electrónico: citaprevia@fene.gal

Á instancia, conforme ao modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:

– Copia documento nacional de identidade, ou pasaporte.

– Copia do carné B ou C, segundo a praza.

– Copia do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, no caso de aspirantes a prazas de chofer condutor/a.

– Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sexta. A prestación de servizos deberá acreditarse coa copia dos contratos de traballo e co informe de vida laboral ou, no caso de Administracións Públicas, co certificado expedido polo fedatario público da Administración ou coa copia do contrato e/ou nomeamento, acta de toma de posesión e o informe de vida laboral.

– De ser o caso, copia do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, o alcalde, mediante resolución, aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos que se publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello, relacionándose os aspirantes excluídos con indicación da causa da súa exclusión. Os aspirantes disporán dun prazo de 2 días naturais para a emenda das deficiencias que se sinalen. Estas emendas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello e na que se incluirá a composición do tribunal -de non terse designado nun momento anterior-.

Contra a resolución na que se declare a lista definitiva de admitidos e excluídos, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso de contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a xurisdición contenciosa-administrativa, contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.

O resto das resolucións serán expostas no taboleiro de edictos e publicadas na páxina web do Concello.

Descargas
Ligazóns