Novas

30-07-2018

O Concello pon en marcha en agosto clases gratuítas de ximnasia ó aire libre

O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, informou esta mañá de que o Concello porá en marcha clases gratuítas de ximnasia de verán ó aire libre. As sesións arrancarán este mércores, 1 de agosto, e celebraranse ata o día 31 todos os luns, mércores e venres laborables en horario de 9,30 a 10,30. O escenario elixido será o paseo marítimo de San Valentín, xunto ó pavillón da Xunqueira e, no caso de choiva, as clases trasladaranse ó interior do recinto deportivo.
11-07-2018

O Concello abre o prazo para que os clubs de Fene soliciten o uso do campo de fútbol Os Pinares e os pavillóns da Xunqueira e do Ramo

A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida informou esta mañá da apertura do prazo para que os clubs de Fene soliciten horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol Os Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, así como para a tempada 2018/2019 no campo de Fútbol e nos dous pavillóns (O Ramo e A Xunqueira).
29-06-2018

Fene celebra domingo o Día do Deporte na Rúa

Zumba, karts a pedal, esgrima de foam, un voleibol xigante ou un futbolín humano son algunhas das variadas actividades que este ano a Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida propón no marco do Día do Deporte na Rúa. Celebrarase este domingo, abrindo o calendario de xullo, e a participación é libre e gratuíta en todas elas. 
27-06-2018

O Concello propón un sinfín de actividades para disfrutar do Día do Deporte na Rúa

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida, organiza este domingo, 1 de xullo, o Día do Deporte na Rúa. E farao cunha morea de propostas como slakline, fútbol, inchables, circuito de karts a pedal, patinaxe, deportes de raqueta, pintadas, “decora a túa camiseta”, atletismo divertido ou tiro con arco, entre outras actividades.
18-06-2018

Volve o atletismo a Barallobre

Un dos obxectivos do Clube Atletismo Fene desde a súa fundación foi o de recuperar as antigas pistas de atletismo de Barallobre. É por elo que a directiva do noso clube se mostra especialmente agradecida ao Concello de Fene por atender as nosas demandas.
18-06-2018

O Concello organiza un Campamento Lúdico Deportivo para nenos e nenas de 4 a 12 anos

A Concellería de Deportes abriu hoxe o prazo de inscrición no Campamento Lúdico Deportivo dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. O concelleiro de área, Xoán Manuel Bastida, explicou que se celebrará no CMI Unidade de Fene de luns a venres de 10,30 a 14 horas do 1 ó 14 de agosto e, as familias interesadas en anotar ós seus fillos e fillas, poden facelo ata o 27 de xullo no departamento municipal de Cultura e Deportes (Avda Naturais, 44 entrechán de 8,30 a 14 horas).
15-06-2018

O Concello de Fene abre a inscrición nos cursos de verán de atletismo, tenis e kaiak

O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, informou esta mañá de que o próximo luns, 18 de xuño, abrirase o prazo de inscrición nos cursos deportivos de verán do Concello de Fene. Cursos de atletismo, tenis e kaiak. En todos os casos, deberá formalizarse no departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais 44 entrechán) de 8,30 a 14 horas e o prazo remata o 5 de xullo.
14-06-2018

Exhibición de Escolas Deportivas Municipais este venres no pavillón da Xunqueira

O pavillón da Xunqueira, en San Valentín, albergará mañá venres, 15 de xuño, a Exhibición de Escolas Deportivas Municipais. Unha cita que comezará ás 17 horas e na que tomarán parte os nenos e rapaces que, ó longo do curso, asistiron ás actividades deportivas do Concello.
14-06-2018

O Concello de Fene organiza o Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” para nenas e rapazas maiores de 6 anos

O pavillón polideportivo da Xunqueira acollerá o V Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” para nenas e rapazas maiores de 6 anos. Celebrarase do 9 ó 13 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 horas. Nesta liña, o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, avanzou que as participantes recibirán a visita de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala feminino, que compartirán horas e experiencias coas rapazas do campus.
11-06-2018

O Concello promove no pavillón do Ramo un Campus de Ximnasia Artística e Trampolín para nenos e nenas a partir de 4 anos

O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, avanzou esta mañá a celebración do Campus de Ximnasia Artística e Trampolín. Dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos, desenvolverase no pavillón do Ramo, en Barallobre, do 25 ó 29 deste mes de xuño e en horario de mañá, de 10 a 14 horas.