Novas

28-04-2023 -

O alumnado de atención sociosanitaria do obradoiro de emprego Reinicia IX comeza as súas prácticas laborais

As dez persoas que participan no curso de certificación da profesionalidade "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións sociais" iniciarán o día 3 de maio as súas estadías prácticas nos centros de día de Ares, Caranza e Esteiro, na residencia de maiores de Caranza e no centro de día de Afal Ferrolterra. Durante os próximos catro meses terán a oportunidade de ver como é o traballo diario e, ao mesmo tempo, aplicar os coñecementos adquiridos na formación impartida dentro do obradoiro de emprego Reinicia IX, compartido polos concellos de Ares, Fene, Cabanas e Mugardos. No marco deste programa intermunicipal de mellora das competencias e da empregabilidade tamén están facendo prácticas desde abril as persoas inscritas na acción sobre traballos de carpintaría e moble
25-04-2023 -

12 establecementos participan no XIII Concurso de Tapas de Fene

Fene converterase durante as tres primeiras fins de semana de maio na capital dos sabores da comarca. E é que os venres, sábados e domingos entre o 5 e o 21 de maio vai desenvolverse a 13ª edición do concurso de petiscos no que este ano se inscribiron un total de 12 establecementos hostaleiros do municipio. Hai dúas categorías: tapa creativa, con catro locais inscritos, e tapa tradicional, coa que se presentan os oito establecementos restantes. Todas elas preparadas con mimo e con produto da máxima calidade procedente do mar e a terra que nalgúns casos se combinan para abraiar os padais máis exquisitos. Tanto os establecementos como o público optarán a unha chea de premios tamén apetitosos.
25-04-2023 -

Xornada sobre a resolución de conflictos

O 8 de maio, ás 18.30 h,  a Casa da Cultura de Fene acollerá unha xornada dirixida ás familias, sobre a resolución de conflitos.

Actuación; impartida por Andrea Bechlian, psicóloga e educadora de disciplina positiva; encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a abordaxe dos conflitos dende a educación emocional e comunicación non violenta, de maneira precisa e axeitada para previr comportamentos conflitivos nas familias.
24-04-2023 -

Andaina por Fene o domingo 30 de abril

Esta ruta por Perlío encádrase no programa “Andainas por Fene” que organiza o Concello coa colaboración de distintas entidades veciñais ou culturais do termo municipal. Trátase de saídas de distintas distancias que se completan en aproximadamente dúas horas  ou dúas horas e media de percorrido, pensadas para recrearse no patrimonio material e inmaterial e na natureza de cada zona, contando sempre como guía cunha persoa de cada parroquia que vai comentando o que se vai vendo a cada paso. Ademais de promover hábitos de vida saudables, os itinerarios tamén teñen como obxectivo fomentar o coñecemento do concello por parte da veciñanza -e tamén das persoas de fóra que queiran sumarse-, así como reforzar os vínculos entre as entidades por medio dun programa de lecer compartido.
23-04-2023 -

A exposición do XVI Premio Luis Ksado de creación fotográfica recala en Fene

A Casa da Cultura de Fene acolle até o vindeiro martes 2 de maio a exposición fotográfica do XVI Premio Luís Ksado que promove a Deputación da Coruña. A mostra recolle os traballos premiados e os finalistas deste certame que no ano 2022 gañou o fotoxornalista Brais Lorenzo cunha serie titulada Lume. Nela cóntase o drama dos incendios forestais, facendo fincapé na traxedia humana que supoñen. Tamén se amosan as obras dos finalistas: Escoria Rebelde, de Fuco Reyes, Europa not welcome, de Sergi Cámara, Máscaras del carnaval gallego. Festival Vibo 2022, de Carlos Ximénez, Paisaje de Inexistencia, de Belén Lozano e Vulcanonautas, de Arturo Rodríguez. A exposición do XVI Premio Luis Kasado poderá visitarse en Fene ate o día 2 de maio no seguinte horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas; sábados, de 10.00 a 13.00 horas, e domingos e festivos, pechado.
21-04-2023 -

A Biblioteca Municipal convídanos a festexar o Día do Libro

A Biblioteca Municipal convídanos a festexar o Día do Libro cun espectáculo a cargo de Ghazafelhos Teatro. Será o xoves 27 de abril, ás 18.00 h, na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé.
A entrada é libre con inscrición preciva até completar aforo. As inscricións realízanse na propia biblioteca, presencialmente ou por teléfono (981 342 302), de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
20-04-2023 -

Formación práctica en Carpintaría e Moble para o alumnado do Reincia IX

19-04-2023 -

O Concello de Fene construirá unha pista pump track en Perlío

O pump track é unha disciplina deportiva que nos últimos anos espertou un grande interese entre a mocidade, sobre todo nos ámbitos urbanos. Basicamente consiste nun circuíto que pode percorrerse en bicicleta ou patín utilizando unicamente o impulso do propio corpo, cun trazado que combina pequenas subidas e baixadas que permiten completalo entre saltos e viraxes espectaculares. O Concello de Fene deseñou unha destas pistas enfocada á iniciación e o nivel medio que se construirá en Perlío, nunha parte da parcela que ocupa actualmente o antigo circuíto de coches radio control. O investimento previsto ascende a 48.350 euros e o consistorio agarda cofinancialo cunha achega da Xunta para equipamentos deportivos.
18-04-2023 -

Xogando co atletismo

Ao redor de cincocentos rapaces e rapazas de 1º a 6º de primaria dos colexios A Xunqueira, O Ramo, Centieiras, Os Casais e Jorge Juan participarán, entre os días 18, 19 e 20 de abril, nas xornadas "Xogando co atletismo" que organiza a Concellería de Deportes de Fene.
A actividade esta a realizarse nas pistas de atletismo do Pazo, en Barallobre.
18-04-2023 -

O Museo do Humor Xaquín Marín acolle este venres a presentación dun monográfico adicado ao debuxante fenés

A piques de facer 80 anos, Xaquín Marín é, sen dúbida, o humorista gráfico galego en activo de maior constancia das últimas décadas. “Cronista gráfico non oficial da Galicia popular dos últimos 50 anos”, o artista salienta pola súa “obra, con base no compromiso social e nos valores humanistas, que pode lerse como manual da nosa Historia máis recente, como unha viaxe retrospectiva pola nosa propia memoria colectiva como (im)país”. Así o define o seu fillo, Alexandre Marín -que en 2022 comisariou a exposición retrospectiva Volta á orixe- no monográfico X.Marín. O libro, que se presenta este venres en Fene, foi editado polo Museo do Humor coa colaboración da Consellería de Cultura, a través do programa de axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autonóma de Galicia 2023. A presentación de X.Marín terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor Xaquín Marín (Avda. de Conces, 20-22, Fene) este venres, 21 de abril, ás 20 horas, con entrada libre.