Solicitude gradación taxas

As ordenanzas fiscais das taxas pola recollida do lixo, polo servizo de saneamento e pola subministración de auga recollen a posibilidade de graduar as tarifas establecidas nas mesmas
 
Poderán solicitar a gradación de taxas ao abeiro do establecido no artigo 24.4 do texto refundido da lei reguladora das facendas locais  en función da capacidade económica do suxeito pasivo e en atención ás seguintes condicións:

  1. Son considerados destinatarios/as todas aquelas personas empadronadas e con residencia efectiva no concello de Fene cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer frente ó custo establecido pola taxa.
  2. Poderán ser beneficiarios/as destas bonificacións quen reúna todos e cada un dos seguintes requisitos.
    a) Estar empadronado/a no concello de Fene e ter residencia efectiva.
    b) Dispoñer dos recursos económicos máximos contidos no baremo establecido na ordenanza acreditados mediante a presentación da última declaración da renda, ou calesqueira outro documento que sinale a situación económica do solicitante.
    c) Non ter débedas co concello.

Determinación dos recursos

Para a determinación dos recursos terase en conta as seguintes condicións:

a) Ingresos familiares:

  • Para 1 persoa sóa: pensión mínima de xubilación da seguridade social, para maiores de 65 anos e sen cónxuxe a cargo.
  • Para 2 persoas en unidade de convivencia: a pensión mínima de xubilación da seguridade social, para maiores de 65 con cónxuxe a cargo.
  • Para 3 ou máis persoas en unidade de convivencia: non superar o 110 % do Salario Mínimo Interprofesional estipulado para cada ano.

Para a comprobación dos requisitos económicos, teranse en conta os seguintes factores:

  • Os ingresos netos que perciba o/a solicitante e os demáis membros da unidade familiar nos 6 meses anteriores á solicitude.

Para o cálculo do conxunto dos ingresos familiares realizarase a seguinte operación:

  • Ingresos netos anuais (-) gastos de aluguer de vivenda/amortización anuais = ingresos familiares netos anuais.

Para o cálculo dos ingresos anuais teranse en conta os seguintes aspectos:

  • Para os pensionistas, a pensión que cobrarán no ano en curso.
  • Para os desempregados/as e as persoas que aleguen outras circunstancias, deberán xustificar os ingresos obtidos por todos os conceptos, nos últimos 6 meses anteriores á data de solicitude.

b) Ingresos procedentes de rendas de capital inmobiliario e/ou mobiliario:

Non poderán beneficiarse desta exención cando a/o solicitante ou calquera outro membro da unidade familiar sexan propietarios/as e/ou usufructarios/as de bens mobles ou inmobles que, polas súas características, valoración, posibilidade de venda ou calquera forma de explotación indiquen, de xeito notorio, a existencia de medios materiais suficientes para atender o gasto obxecto da presente exención municipal, agás a propiedade referente á vivenda destiñada a uso propio, sempre que a súa valoración catastral non supere 10 anualidades do salario mínimo interprofesional vixente para cada ano.

No referente á existencia de capital mobiliario, entenderanse medios económicos suficientes aos efectos destas ordenanzas os que superen os 2.500 euros en contas de aforro ou investimento.

Posesión de vehículo

Non poderán ser propietarios dun vehículo no domicilio familiar de uso particular ou comercial, independentemente da titularidade do mesmo.

Lugar de solicitude

Casa do Concello [Rexistro Xeral, 1º andar] Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene

Teléfono: 981 492 707, Extensión: 205

Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas

Prazo:

O prazo para a presentación das solicitudes comprenderá todo o exercicio.

No suposto de que se comprobara que non son certos os datos consignados na declaración ou se houberan ocultado outros que pudieran calificarse como esenciales, procederase a desestimar a solicitude.

Áreas
Descargas