Solicitude locais de ensaio

Novo servizo da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a disposición dos grupos de Fene para ensaiar.
a) Os grupos poderán dispoñer do local varias horas á semana, dependendo do número de solicitudes.
b) A franxa horaria de utilización deste espazo será de luns a venres en horario de 11.00 a  13.00  - de 16.00 a 18.00 - de 18.00 a 20.00 e de 20.00 a 22.00 horas; e sábados e domingos de 10.00 a 12.00 - de 12.00 a 14.00 - de 16.00 a 18.00 - de 18.00 a 20.00 e de 20.00 a 22.00 horas, facendo un total de 30 horas semanais.
 
a) Poderán presentar as solicitudes para o uso do citado local aquelas persoas, que en representación dun colectivo musical, con membros empadroados no Concello de Fene, precisen dun local para realizar ensaios musicais.
b) O 60% dos/as compoñentes do grupo ou colectivo teñen que estar empadroados no Concello de Fene.
c) O 75 % dos/as compoñentes do grupo ou colectivo teñen que ser menores de 35 anos de idade.
d) Deberase cubrir unha solicitude (Anexo I) onde cada membro do colectivo ou grupo presenta o seu Certificado de Empadroamento (no caso de ser de Fene); e a fotocopia compulsada do DNI.
e) A dita solicitude (Anexo I) presentarase por escrito no Rexistro Xeral do Concello de Fene (Casa do Concello, 1º andar); coa documentación debidamente cumplimentada.
 

Custo

As persoas interesadas achegarán coa solicitude (Anexo I) as fotocopias compulsadas do Documento Nacional de Identidade de cada membro do grupo, así como un certificado de empadroamento orixinal, para os empradoados no Concello de Fene.

Lugar de solicitude

Departamento de Xuventude.
Avda. de Naturais 44 Entresollado dereita. - 15500 Fene
Teléfono: 981 344 366  / Fax: 981 344 366 / Emailomix@fenecidadan.net
Horario de atención ao público:

  • De outubro a maio: de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas, e mércores de 15.30 a 18.30 horas.
  • De xuño a setembro: de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas

Prazo

Aberto todo o ano

Áreas
Descargas