Convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais
02-01-2018
O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene, informa sobre as distintas convocatorias abertas do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral:
a) A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu a convocatoria de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral ou formación non formal, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. (DOG 27/12/2017).
Deste xeito convócanse prazas en unidades de competencias dirixidas a aqueles traballadores e traballadoras con experiencia laboral ou formación non formal nas seguintes cualificacións profesionais:
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, 553 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais, 435 prazas
Servizos para o control de pragas, 65 prazas
Xestión de servizos para o control de organismos nocivos, 50 prazas
Socorrismo en espazos acuáticos naturais, 224 prazas
Socorrismo en instalacións acuáticas, 278 prazas
Tanatopraxia, 150 prazas
Confección e mantemento de artes e aparellos, 50 prazas.
Prazo de inscrición: 28 de decembro de 2017 a 26 de xaneiro de 2018, ambos os dous días inclusive.
b) A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do día 10 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais:
- Administración e xestión
- Agraria
- Comercio e márketing
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Enerxía e auga
- Fabricación mecánica
- Hostalería e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Sanidade
- Servizos socioculturais e á comunidade
- Transporte e mantemento de vehículos
Prazo presentación solicitudes: 10 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
As persoas interesadas que precisen información ou orientación poden ao respecto poden contactar co servizo no teléfono 981 492 767 ou a través da caixa de correo: orientacion.laboral@fene.es