07-03-2022

Fene inicia os actos do 8M cunha homenaxe ás traballadoras do SAF e do servizo de limpeza

O programa co gallo do Día Internacional da Muller xa está en marcha no concello de Fene. O pleno do pasado xoves deulle o visto e prace por unanimidade a unha Declaración Institucional con quince puntos que, entre outras cuestións, pon o acento sobre a invisibilidade feminina en sectores tan fundamentais coma o dos coidados ou a limpeza. Neste sentido, o Concello homenaxeou onte no salón de plenos ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e da limpeza das instalacións municipais, en recoñecemento polo labor que desenvolven día a día e, sobre todo, pola súa contribución nos momentos máis duros da pandemia.
08-02-2022

Non pasa nada, pasa algo?

O alumnado do obradoiro dual de emprego Reinicia VIII participará ao longo desta semana no programa  “Non pasa nada, pasa algo?”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Trátase dunha actividade encamiñada a manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e no ámbito laboral, reforzando actuacións preventivas.


Programa enmarcado no proxecto de prevención de condutas adictivas, realizado conxuntamente coa agrupación de concellos de Neda e Mugardos e  subvencionado pola Consellería de Sanidade.
27-12-2021

O Concello de Fene publica un documento con consellos para o acompañamento dixital das familias e entidades

No marco do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local, os Concellos de Fene, Mugardos e Neda veñen de publicar un manual con recomendacións para familias e entidades sobre un uso seguro das TRIC (Tecnoloxías da relación, información e comunicación) e recursos de interese. O documento, que xa se pode descargar na web municipal,  pretende abordar a educación dos menores nun uso positivo e responsable das TRIC: evitando usos innecesarios ou evitando que empecen antes de tempo co uso dalgunhas aplicacións ou dispositivos; pautando horarios de conexións e usos; valorando o uso de dispositivos de control parental, etc.
23-12-2021

O Concello de Fene vén de ser seleccionado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para desenvolver un proxecto integral a nivel municipal

Dende o mes de setembro o Concello está traballando na elaboración dun Plan Municipal para a implementación dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible). O programa ten como obxectivo coñecer a situación do Concello respecto á súa contribución cos ODS e coa Axenda 2030, así como tamén artellar unha folla de ruta para mellorar o seu aliñamento con esta planificación a nivel global.
10-12-2021

Prevención de adicións ás TIC. Redes sociais e videoxogos: virtudes e perigos

A área de Benestar Social e Igualdade desenvolverá a vindeira semana unha sesión formativa, dirixida ás familias, no eido da prevención das conductas adictivas. Formación que complementa as sesións xa realizadas nos centros educativos de Fene.
25-11-2021

Manifesto Institucional 25 Novembro 2021, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

A violencia contra as mulleres supón a manifestación máis extrema da desigualdade que existe entre homes e mulleres, como o maior obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e igualitaria. A violencia contra as mulleres e nenas, arraigada nunhas relacións de poder desiguais entre mulleres e homes, persiste como unha situación estrutural relacionada co patriarcado.

No último ano e medio, ademais, a pandemia provocada pola COVID19 afectou a millóns de persoas no mundo, deixando moitos efectos negativos nas mulleres. As restricións para combater esta crise sanitaria foron, para moitas vítimas das violencias, peores que o propio coronavirus, xa que ditas medidas obrigaron a reducir ao máximo as relacións sociais e a permanecer no círculo familiar máis estreito, é dicir, a ficar máis illadas co seu maltratador.

No que vai de ano, de acordo coas cifras oficiais, foron asasinadas 36 mulleres no Estado español, (datos actualizados no Ministerio de Igualdade a 12 de outubro de 2021). A estas cifras cómpre engadir as/os 21 menores de idade quedaron orfas/os, e que suben a 325 desde o ano 2013, data na que se lles inclúe como vítimas da violencia de xénero.

No noso país hai 36.200 mulleres que viven con protección policial de risco por violencia de xénero.

Os casos activos por violencia de xénero en Viogen-sistema de protección das vítimas de violencia machista son 67.133.

O número de usuarias activas no servizo telefónico de atención e protección para vítimas de ATEMPRO é de 16.383.

O número de pulseiras telemáticas instaladas para vixiar o afastamento do agresor no ámbito da violencia de xénero, a data 31 de agosto, é de 10.136.

Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) en España hai 190 mulleres menores de 21 anos que levan unha pulseira telemática e están vixiadas as 24 horas polo alto risco que corren as súas vidas.

E preocupante un estudo recente, elaborado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade de FAD, no que se recolle que a porcentaxe de mozos novos (15 a 29 anos) que nega a violencia de xénero ou lle resta importancia segue medrando, e que un de cada cinco nega que exista. A maiores, normalizan mirarlle o móbil á parella, consideran que os celos son unha boa proba de amor, así como o control da vestimenta, horarios, amizades, e un longo etc.
A violencia de xénero é a maior lacra das sociedades democráticas. As múltiples formas de violencia que se exercen contra as mulleres son visibles, pero a tolerancia social impide poñerlles freo.

Pero a violencia mais cruel e despiadada, a que causa un daño irreparable e destrúe á muller, é a violencia vicaria. A finalidade desta violencia é a de causar o máximo daño posible á muller, provocando a súa morte en vida, xa que neste caso as vítimas son os fillos ou fillas.
Mais de 40 nenos e nenas foron asesinados a mans de seus pais biolóxicos, ou polas parellas ou exparellas da súa nai, dende o ano 2013.

O termino “violencia vicaria” foi incluído no Pacto de Estado contra la Violencia de Género.
É imprescindible que a sociedade tome conciencia da realidade que supón a violencia de xénero e, por extensión, a violencia vicaria como unha das mais terribles contra a muller.
Necesítase a implicación responsable de todos os poderes públicos, que non deben admitir a negación da violencia contra as mulleres, unha violencia que cuestiona os valores democráticos e ten efectos devastadores sobre a convivencia social. A negación da violencia contra as mulleres debe considerarse apoloxía da violencia.

Cómpre que desde as administracións públicas e, en particular, da administración local máis próxima á cidadanía, se acheguen todos os medios para combater e erradicar as violencias machistas, que van dende cousas como o mal chamado “piropo” nas rúas (ou agora a través das redes sociais), os comentarios ou chistes sobre a muller, en térmos pexorativos, ata a violencia vicaria, pasando polo acoso sexual no traballo, a prostitución, a brecha salarial, e un longuísimo etc.

Para afrontar todas estas violencias, é preciso recoñecer e identificar as graves fendas de xénero existentes no ámbito familiar, social, educativo, económico, cultural, etc. É imprescindible erradicar as causas estruturais e sociais que sustentan estas desigualdades a través de políticas públicas efectivas na prevención das violencias machistas e na promoción da igualdade.

Porque a loita contra as violencias machistas esixe un traballo constante e decidido, e por iso que, comezando polo noso concello, que debe poñer no centro da súa actividade municipal a erradicación de todo tipo de expresións de violencia machista, e para quen a violencia de xénero debe ser unha prioridade política, e non unha simple retórica para as datas sinaladas.  Seguir aquí.
23-11-2021

A psicóloga Ana María Caaveiro impartirá en Fene unha conferencia sobre o suicidio

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o xoves 9 de decembro, ás 18 horas, a conferencia Falemos do suicidio, no marco do "Programa de Prevención do suicidio na poboación en xeral, trastorno mental e adictivo". A charla terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e será impartida pola psicóloga da asociación Ex Alcohólicos de Ferrolterra, Ana María Caaveiro García. O obxecto desta iniciativa é concienciar á veciñanza a respecto do grave problema que supón o suicidio e mecanismos de prevención.
22-11-2021

O Concello de Fene presenta o programa do 25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero

Coa colocación dunha praca en lembranza das mulleres asasinadas polas súas parellas, comezará o vindeiro xoves, 25 de novembro, o programa artellado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene ao redor da conmemoración do Día Mundial contra a Violencia de Xénero. Para esta mesma xornada anúnciase unha escenificación a cargo da Marcha Mundial das Mulleres na Praza do alcalde Ramón José Souto González e o monólogo de Isabel Risco, “Bravas”, na Casa da Cultura.
17-11-2021

Ponte ao día de maneira cómoda e segura no manexo do teu móbil

O Concello de Fene a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade está a organizar unha actividade denominada “INICIACIÓN AS NOVAS TECNOLOXÍAS”, “Ponte ao día de maneira cómoda e segura no manexo do teu móbil”.
Actividade orientada principalmente as persoas maiores, pero pode acudir calquera persoa que precise este tipo de apoio no uso das novas tecnoloxías.
O taller realizarase ao londo dunha semana, 1 hora diaria, no que as persoas aprenderan a optimizar os recursos do seu móbil.
Datas: Días 29 e 30 de novembro e 1, 2 e 3 de decembro entre as 10:00 e as 11:00 horas na aula da Casa da Cultura de Fene.
O período de inscrición estará aberto até o 26 de novembro ás 14:00 horas e pode facerse por teléfono (981342607) ou tamén directamente no Centro de Servizos Sociais.
15-11-2021

15 de novembro, Día Mundial sen Alcohol

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial sen Alcohol, a concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene lembra que, en colaboración coa agrupación de Concellos de Mugardos e Neda, está a desenvolver un proxecto de prevención de condutas aditivas no que se enmarca o programa de información e sensibilización, subvencionado pola Consellería  de Sanidade. Entre as mensaxes que se pretenden trasladar á veciñanza a respecto desta cuestión é que "a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos adictivos é un dos factores que máis está a influir no consumo, de aí que adquiran sentido aquelas actuacións encamiñadas a mellorar a información rigurosa e axeitada sobre as drogas. Información que axude a entender as características xerais deste fenómeno, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuizos, asi como a establecer un maior coñecemento nesta materia".