27-09-2022

Afal e o Concello de Fene organizan o curso “Atención Especializada en Alzhéimer e Demencias” para familias e persoas coidadoras

O Concello de Fene dende a Área de Benestar e Igualdade acollerá os días 5 e 7 de outubro o curso “Atención Especializada en Alzhéimer e Demencias”, dirixido a familias e coidadores/as de persoas afectadas de deterioro cognitivo e dependentes en xeral. O curso está impartido por persoal técnico de Afal Ferrolterra e vaise desenvolver na Casa da Cultura de Fene, nos días sinalados, de 16:30 a 18:00 horas. A participación é gratuíta, con inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais -981 342607/ 981 49 27 06 ou correo servizos.sociais@fene.gal. Actividade aberta a toda a poboación. 
13-09-2022

Fene acolle o venres 23 de setembro un obradoiro de debuxo urbano

Dirixido a mozos/as de 14 a 20 anos, trátase dun taller co que se pretende sensibilizar á xuventude sobre a emerxencia climática e a necesidade de protección cara o medioambiente a través do debuxo. Para iso, ensinaranse as técnicas básicas para o debuxo de campo e o traballo ao natural. O curso, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais de Fene, será apto para todos os niveis, incluído o de iniciación. Ao fronte da actividade, que terá lugar este venres, de 16.30 a 20.30 no barrio de San Valentín, estará un mestre da Escola Profesional de Banda Deseñada “O Garaxe Hermético”, de Pontevedra. As persoas que desexen anotarse deberán enviar por correo a servizos.sociais@fene.gal a ficha de inscrición cuberta. As prazas son limitadas (15) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
12-09-2022

Espazo de Encontro e Apoio Emocional Entre Mulleres

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha espazo Indira. Actividade dirixida a mulleres que queiran mellorar a súa autoestima, coñecerse, respectarse, crecer persoalmente, potenciar o seu autocoidado a nivel emocional e psicolóxico e, sobre todo, empoderarse.
07-09-2022

Educando en familia

O Concello de Fene, a través da Área de Benestar Social e Igualdade,  vai a emprender no mes de outubro a segunda edición do programa denominado “Educando en familia”, co que preténdese apoiar as familias con crianzas aportando ferramentas que as axuden a mellorar a relación cos seus fillos e fillas.
A docente que impartirá estes obradoiros será Virginia Castro Crespo de “Aloumiño”, xa con ampla experiencia no desenvolvemento deste obradoiros neste Concello e en outros da Comarca.
Os grupos de traballo serán reducidos para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción de todas as persoas participantes.
Os obradoiros desenvolveranse dende o mes de outubro de 2022 ata xuño inclusive do 2023.
A semana impartiranse 2 obradoiros de 2 horas, en horario de mañá e de tarde.
Martes, en horario de tarde de 16:00 horas a 18:00 horas
Venres, en horario de mañá de 09:30 horas a 11:30 horas
Os obradoiros iniciaranse nas seguintes datas:
Martes 4 de outubro, en horario de 16:00 horas a 18:00 horas
Venres 7 de outubro, en horario de 09:30 horas a 11:30 horas
23-08-2022

Taller de defensa persoal autoconfianza e empoderamento

O Concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, vai desenvolver o taller “Defensa Persoal. Autoconfianza e empoderamento” durante 9 meses, dende outubro de 2022 ata xuño de 2023. O curso, gratuíto e dirixido a mulleres, desenvolverase os martes e xoves en horario de 09:30 a 11:00 horas nas instalacións do ximnasio da Casa da Cultura de Fene. O obxecto fundamental é formar as mulleres en defensa persoal e así mellorar a confianza en sí memas tendendo a o seu empoderamento. As mulleres aprenderán a defenderse a través de técnicas tales como Kicboxing e Taekwondo.
28-06-2022

Liberdade de Ser e Sentir

O Concello de Fene adhírese un ano mais coa campaña Liberdade de Ser e Sentir que impulsa a área de Igualdade da Diputación da Coruña con motivo do día da diversidade sexual.

As actividades que se van desenvolver este ano son contacontos infantís e pílulas divulgativas en formato dixital, materiais didácticos, xogos interactivos e a celebración dunha palestra na as entidades de diversos colectivos abordarán os retos de futuro da diversidade sexual.   Todos os contidos están dispoñibles https://seresentir.gal

Por outra banda, o Departamento de Igualde e Servizos Sociais do Concello Fene anuncia unha campaña de visibilización có pintado de bancos coa bandeira LGTBI en distintas parroquias do concello. 

Esta iniciativa, ten como obxectivo sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
21-06-2022

Cursos de prevención de riscos laborais para o persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral , en colaboración coa concellaría de Benestar social do  Concello de Fene, vai desenvolver o curso “Atención directa a persoas con Dependencia” .
Será os días 22, 27,29 e 30 de xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas no aula de Servizos Sociais sita en San Valentín.

A formación é presencial e gratuita e está dirixida a todas aquellas persoas que profesionalmente desenvolven actividades relacionadas ca atención de persoas dependentes, ou que se están formando neste ámbito.

O obxecto fundamental é formar a estas persoas en todas aquelas cuestión relacionadas coas medidas preventivas fronte riscos ergonómicos, riscos biolóxicos e riscos psicosociais.
15-06-2022

Clausura do programa Tardes Compartidas nas sociedades de Fene

Coincidindo coa fin do curso escolar, a Concellería de Benestar Social e Igualdade pecha estes días en distintas entidades veciñais e culturais do concello unha nova edición das "Tardes Compartidas", programa no que se incluíron dous obradoiros encamiñados a acadar un envellecemento activo. Dende principios do pasado mes de novembro, a AVV Limodre e o CPS de San Valentín acolleron o obradoiro "+ memoria" co obxectivo de "previr o deterioro cognitivo a través de exercicios eminentemente prácticos, favorecendo a autonomía persoal". Pola súa parte, na SCRD Agarimo, na Liga de Amigos de Barallobre, no CCRD Perlío e na AVV San Xurxo de Magalofes desenvolveuse a actividade "Recordando o noso" na que se traballaron "as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva máis dinámica, aportando vivencias. O obxectivo principal era facer unha recuperación da historia da parroquia ou outras temáticas que elixiron as persoas participantes en cada grupo"
25-05-2022

Coidados porta a porta

A unidade móbil de Coiados porta a porta xa está en Fene, fronte o pavillón municipal de San Valentín, preparada para ofrecer consultas básicas en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Os días 25, 26, 27 e 30 de maio atenderán totalmente de balde entre as 9:00h e as 20:00h. Todas aquelas persoas de 55 anos en diante que queiran acudir ás revisións dos pés, o oído e a memoria, poden solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
20-05-2022

O Concello de Fene en colaboración ca Asociación ASCM chama á solidaridade para combater a soidade

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene ven de presentar, o programa de acompañamento telefónico “Fora Soidade”, que xurdíu en plena pandemia e que neste momento quere adaptarse as novas demandas xurdidas de acompañamento presencial denominado “Acompañando”.

Este novo programa de acompañamiento pretende fomentar o voluntariado entre a veciñanza do Concello de Fene que dispoñan de tempo para compartir cos demáis e sentirse útil axudando a outras persoas dende una perspectiva interxeneracional e inclusiva, de forma que tamén animase as persoas que vivan soas a facerse voluntarias.