Novas

16-12-2021

Prazas libres no Campanadal, patinaxe e no curso guateo e pateo

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, lembra que o mércores 22 de decembro remata o prazo de inscrición na  oferta de actividades deportivas programadas de cara o Nadal.

Aínda quedan prazas vacantes no Campanadal, nos cursos de patinaxe e máis no curso de guanteo e pateo. A inscrición debe formalizarse nas dependencias administrativas do departamento de deportes (avenida naturais 44)  ata o día 22. As persoas interesadas deberán de  solicitar cita previa no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene no teléfono 981 340 366. De luns a venres: De 8:00 a 14:00 horas.
13-12-2021

O pavillón de San Valentín acolle até finais de mes a exposición Galiza, un pobo, unha selección

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, foi o encargado de inaugurar o pasado venres a exposición Galiza, un pobo, unha selección, mostra impulsada por Vía Galega coa colaboración do Concello, que se poderá visitar en Fene até o vindeiro 30 de decembro. Ao acto, que tivo lugar no pavillón da Xunqueira, asistiron tamén a concelleira de Deportes de Fene, Ángeles Coira, e o voceiro da plataforma Vía Galega, Anxo Louzao. A mostra pode visitarse nesta instalación municipal de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas, e durante as fins de semana nos horarios das competicións.
07-12-2021

O venres día 10 abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas deste Nadal

De cara o Nadal, o Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, anunciou esta mañá os prazos de inscrición nas actividades deportivas programadas: campanadal, patinaxe, xogos acuáticos en familia  e obradoiro de guateo e pateo.

A inscrición debe formalizarse nas dependencias administrativas do departamento de deportes (avenida naturais 44) dende o día 10 ata o día 22. As persoas interesadas deberán de  solicitar cita previa no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene no teléfono 981 340 366. De luns a venres: De 8:00 a 14:00 horas.

Completan a programación a  actividade de xogos acuáticos en familia  e a exposición Galiza unha selección. Exposición impulsada por Vía Galega coa colaboración do Concello de Fene, que se poderá visitar no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) do 10 ao 30 de decembro de 2021.
03-12-2021

46 pilotos de Galicia e Asturias competirán este domingo no Slálom Scratch Fene

Achégase desde Barcelona José Calvar, quen adquiriu sona pola súa vitoria en diferentes carreiras pilotando de xeito espectacular un Seat Marbella. Os vehículos pelexarán por 8 trofeos especiais e polo Gran Premio Apartamentos Auga. 
A organización convidou a achegarse ese día ao polígono de Vilar do Colo para gozar coas probas, aínda que gardando todas as medidas de seguridade. 
O alcalde de Fene Juventino Trigo, a concelleira de Deportes Angeles Coira e os membros da Escudería Scratch Fene, Edgar Vigo e Fátima Ameneiro, presentaron a proba este mediodía na Casa do Concello de Fene.
Sergio Pena de Ares , Manuel Trebín có automobil club As Pontes e Manuel Souto de Oroso xogaranse este domingo no Slálom de Fene o Campionato Galego de Slálom. Pero xunto deles haberá outros pilotos que pelexen pola vitoria, segundo explicaba Edgar Vigo, da organización. A primeira manga no Slálom de Fene comezará o domingo arredor das catro menos cuarto da tarde. A segunda principiará entre as seis e as seis e media, co que se correrá xa de noite. A temperatura e a adherencia é maior coa luz do día e os coches son quen de xirar a maior velocidade. Por iso é posíbel que os tempos da primeira manga sexan mellores que os da segunda. Todo iso estará tamén marcado pola climatoloxía.
Slálom Scracth Fene. Este domingo no parque empresarial de Vilar do Colo en Fene.
29-11-2021

O Concello de Fene abre este martes o prazo de inscrición para a Campaña da neve 2022 da Deputación provincial

Do 18 ao 21 de febreiro de 2022, sete nenos/as do Concello de Fene poderán viaxar á estación Valgrande-Pajares (Asturias), no marco da Campaña da Neve 2022 que promove a Deputación da Coruña. A actividade vai dirixida a rapaces/zas de 12 a 15 anos (inclusive), cumpridos a 31 de decembro de 2021. Segundo informa o departamento de Deportes do Concello de Fene, o prazo para apuntarse permanecerá aberto dende o martes 30 de novembro ao martes 14 de decembro no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán) en horario de 8.30 a 14.00 horas, de luns a venres, e os mércores tamén de tarde, de 16.00 a 18.00 horas. No momento da inscrición, as persoas interesadas deberán cubrir un formulario e presentar un volante de empadronamento do/a neno/a no que se acredite que leva empadroado/a no municipio como mínimo dende o 1 de novembro de 2021.
19-11-2021

Pistoletazo de saída para as inscricións no XXXV Memorial Adolfo Ros Volta á Ría

Os concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda presentaban esta mañá a XXXV edición do Memorial Adolfo Ros Volta á Ría. Un acto celebrado na casa consistorial de Neda que marcaba a apertura do prazo de inscricións. No mesmo, tomaban parte as concelleiras e concelleiros de Deportes dos municipios organizadores, Ángeles Coira (Fene), José Oreona (Narón), Antonio Golpe (Ferrol) e Ángeles Puentes (Neda), concello no que este ano recaeu a dirección da proba.

A carreira, incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo, arrancará ás 10:00 horas do 12 de decembro. A saída e chegada estará situada na rúa Camiño do Regueiro, en Neda, e o percorrido será de media maratón, duns 21 kms sobre asfalto.
04-10-2021

O Memorial Adolfo Ros Volta á Ría celebrarase o 12 de decembro

O Memorial Adolfo Ros Volta á Ría celebrarase o vindeiro 12 de decembro. Así o confirmaban o pasado venres os concellos organizadores, Fene, Ferrol, Narón e Neda, que xa traballan na que será a XXXV edición da media maratón. Unha cita deportiva na que se lembra a memoria de Adolfo Ros, falecido o 18 de agosto de 1985 cando, nun acto de auténtico heroicismo, tentaba rescatar a varios bañistas en perigo na praia de Doniños
A semana pasada a casa consistorial de Neda, municipio no que recae este ano a dirección da organización, acollía unha primeira reunión entre os concelleiros de Deportes para marcar as liñas de traballo, que continuarán agora de forma periódica. Despéxanse así as dúbidas sobre a súa celebración, suspendida en 2020 pola situación sanitaria derivada da covid-19.

Tras analizar a evolución da situación, os catro concellos acordaban retomar o memorial, concentrando todos os esforzos organizativos no capítulo de seguridade e prevención, e comezando o traballo pola elaboración dos protocolos que rexirán o seu desenvolvemento.
28-09-2021

Horarios de adestramento dos pavillóns polideportivos municipais

A Concellería de Deportes publica os horarios de adestramento dos pavillóns polideportivos municipais de "A Xunqueira" en San Valentín e de "O Ramo" en Barallobre durante a tempada 2021/2022.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes de adestramento nos pavillóns polideportivos municipais do Concello de Fene para equipos de fóra do concello, asociacións e particulares; achégase o horario de adestramento, confeccionado segundo as solicitudes recibidas e o Regulamento de Réxime Interior de Instalacións Deportivas do concello.

Como noutros anos, os ocos que queden libres poden ser solicitados ao longo da tempada no telf. 981.49.28.04 da administración do pavillón da Xunqueira.
É importante resaltar a obriga de extremar as medidas preventivas ante posibles contaxios da COVID 19, para iso elaboráronse protocolos específicos que complementan as medidas sanitarias establecidas.
17-09-2021

Solicitude de particulares, equipos non federados e asociacións deportivas para os pavillóns municipais de Fene

Logo da reserva de pistas dos clubs federados do Concello de Fene, ábrese o prazo para que os equipos non federados, asociacións deportivas e particulares poidan solicitar as horas que quedan libres.

O prazo de solicitude será do día 20 ao 27 de setembro.
As solicitudes poderán achegarse:
Presencialmente, no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Fene, no primeiro andar da Casa do Concello (cómpre solicitar cita previa no teléfono 981 492 707)

Telemáticamente, a partir das 8:30 horas do día 20 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Fene (https://sede.fene.gal/opencms/gl)

Máis información no 981.34.03.66 ou a través da conta cultura.deportes@fene.gal
27-08-2021

Horarios de adestramento de pretempada no pavillón da Xunqueira e de adestramento para a tempada no campo de fútbol dos Pinares

A Concellería de Deportes publica, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o cadro de horarios de adestramentos de pretempada no pavillón da Xunqueira e de adestramento para a tempada no campo de fútbol dos Pinares.

Os horarios poden consultarse nos documentos aquí achegados.

O prazo de solicitudes para entidades e clubes federados de Fene continuará aberto ata o 15 de setembro para horarios de adestramento da tempada no pavillón da Xunqueira e no pavillón do Ramo