15-11-2021 -
Benestar e igualdade
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial sen Alcohol, a concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene lembra que, en colaboración coa agrupación de Concellos de Mugardos e Neda, está a desenvolver un proxecto de prevención de condutas aditivas no que se enmarca o programa de información e sensibilización, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Entre as mensaxes que se pretenden trasladar á veciñanza a respecto desta cuestión é que "a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos adictivos é un dos factores que máis está a influir no consumo, de aí que adquiran sentido aquelas actuacións encamiñadas a mellorar a información rigurosa e axeitada sobre as drogas. Información que axude a entender as características xerais deste fenómeno, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuizos, asi como a establecer un maior coñecemento nesta materia".