A ordenanza fiscal reguladora das taxas pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais e pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e de lecer prevé a posibilidade de graduar as tarifas establecidas no seu artigo 5º en función da capacidade económica do suxeito pasivo, en atención ás seguintes condicións:
Obxeto da bonificación.
As bonificacións reguladas na presente normativa teñen como finalidade asegurar o acceso real ás prácticas deportivas e culturais das personas mais desfavorecidas economicamente, entendendo ditas prácticas como elementos que contribúen a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e o seu desenrolo integral.
Son considerados destinatarios/as todas aquelas personas empadronadas e con residencia efectiva no concello de Fene cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer frente ó custo establecido pola taxa.
Poderán ser beneficiarios/as destas bonificacións quen reúna todos e cada un dos seguintes requisitos:
a) Estar empadronado/a no concello de Fene e ter residencia efectiva.
b) Abonar previamente o importe correspondente como compromiso fehaciente de uso.
c) Dispoñer dos recursos económicos máximos contidos no baremo da ordenanza fiscal acreditados mediante a presentación da última declaración da renda, ou calesqueira outro documento que sinale a situación económica do solicitante.
d) Non ter débedas co concello.
Os efectos da presente axuda considerase que non se dispón de recursos suficientes cando a persona, ou no seu caso, a unidade familiar dispoña dos recursos anuais iguais ou inferiores ós contidos no baremo da ordenanza fiscal, segundo o número de membros da unidade familiar.
Determinación dos recursos.
Para a determinación dos recursos terase en conta as seguintes condicións:
- Ingresos familiares: Que o conxunto dos ingresos da unidade de convivencia non superen o 170 % do S.M.I. vixente en cada momento para familias compostas por 4 ou mais membros. Entenderase membros da unidade de convivencia todas as persoas que convivan no mesmo domicilio, haxa ou non relación de parentesco.Para o cómputo dos ingresos teranse en conta os ingresos netos, isto é, unha vez descontados dos ingresos brutos o IRPF e as cotas da seguridade social aboadas, así como os gastos de alugueiro ou amortización da vivenda, se é o caso.
- Rendas de capital inmobiliario e/ou mobiliario:Non poderán beneficiarse desta exención cando a/o solicitante ou calquera membro da unidade familiar sexan propietarias/os e/ou usufructarias/os de bens mobles ou inmobles que, polas súas características, valoración,posibilidade de venda ou calquera forma de explotación, indiquen, de xeito notorio, a existencia de medios mAtériais suficientes para atender ao gasto obxecto da presente exención municipal, agás a propiedade referente á vivenda destinada a uso propio, sempre que a súa valoración catastral non supere 10 anualidades do salario mínimo interprofesional vixente para cada ano. No referente á existencia de capital mobiliario, entenderanse medios económicos suficientes aos efectos desta ordenanza, os que superen os 2.500 euros en contas de aforro ou investimento.
Lugar de solicitude
Casa do Concello [Rexistro Xeral, 1º andar] Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene
Teléfono: 981 492 707, Extensión: 205
Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas
Prazo
O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto durante todo o exercicio.
No suposto de que se comprobara que non son certos os datos consignados na declaración ou se houberan ocultado outros que pudieran calificarse como esenciales, procederase a desestimar a solicitude.