Convocatorias

05-06-2017 -

Proba de aptitude física brigadistas de incendios

Publicada a resolución da alcaldía do 2 de xuño de 2017, polo que se convoca as persoas aspirantes relacionadas á realización proba de aptitude física proba do banco que terá lugar o mércores 14.06.2017 no Pavillón polideportivo da Xunqueira, situado na Avda. do Mar s/n – Fene ás 11.30 horas.
02-06-2017 -

Preinscrición nos campamentos deportivos de verán da Deputación Provincial

O Concello de Fene conta con 5 prazas no programa “Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña que este ano se realizará nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13). O campamento está destinado a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos (cumpridos no presente 2017).
01-06-2017 -

Bautismos de mergullo para adultos e nenos/as.

Aberto o prazo para inscribirse nos bautismos de mergullo que organiza a concellería de Deportes de Fene, coa colaboración do Club de Actividades Subacuáticas Nautilus. As persoas que queiran anotarse poderán facelo no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) en horario, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, e os mércores tamén en horario de tarde, de 16.30 a 19.00 horas.
01-06-2017 -

Inscricións Verán máis alá 2017

Baixo o lema “Ímonos de viaxe!” volve un ano máis o programa de conciliación da vida laboral familiar “Verán máis alá”, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2005 e 2013 (idades de referencia, de 3 a 12 anos).
31-05-2017 -

Anuncio do acordo no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar

Publicado o acordo do 31.05.2017 do tribunal do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar.
29-05-2017 -

Acta da comisión avaliadora do proceso selectivo para a creación lista aspitantes bibliotecaria/o, axudante de arquivo

Publicada a acta do 24 de maio de 2017 relativa ao proceso selectivo para a creación lista aspitantes bibliotecaria/o, axudante de  arquivo. A acta elevarase á alcaldía para que dite a resolución de aprobación de aspirantes.
24-05-2017 -

Recurso reposición proceso selectivo SAF

Publicada o decreto 551 do 23/05/2017 relativo ao recurso de reposición interposto no proceso selectivo SAF.
Estimándose dito recurso  de xeito que se inclúe na lista definitiva de admitidos ó proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar.
 
24-05-2017 -

Lista provisional admitidos arquitéctos/a técnicos

Publicado o decreto 544 do 23/05/2017 polo que se aproba a lista provisional de admitídos/as no proceso de selección ao posto de arquitecto/a técnico/a mediante o sistema de concurso oposición-libre.
Outórgase un prazo de 5 días hábiles para que os aspirantes poidan emendar a documentación presentada.
24-05-2017 -

Lista de aspirantes a chofer condutor

Publicada o decreto 529 do 23/05/2017 pola que se aproba a lista de aspirantes a chofer condutor.
Os aspirantes contidos na dita lista solo poderán ser nomeados cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
A lista de aspirantes terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova
lista de aspirantes.
18-05-2017 -

Convocatoria da provisión en comisión de servizos dun posto de policía local

Publicado no BOP do 18 de maio a convocatoria da provisión en comisión de servizos dun posto de policía local.