Convocatorias

25-09-2023 -

Listaxe complementaria provisional candidatas/os OEGX INICIA VII

Anuncio listaxe complementaria provisional de candidatas/os remitidas/os polo SEPG para participar como alumnado traballador no OEGX INICIA VII con requirimento para que presenten a solicitude de participación no proceso selectivo e a documentación complementaria. Convócase ao tribunal o vindeiro xoves 28 de setembro para a avaliación das solicitudes. 
25-09-2023 -

Anuncio relativo a aprobación das puntuacións totais provisionais alumnado Inicia VII

22-09-2023 -

Nomeamento funcionario de carreira de peón de recollida do lixo

Anuncio DOG núm.180 do xoves 21 de setembro de 2023 de nomeamento de funcionario de carreira de peón de recollida de lixo, praza pertencente ao grupo A.P. (agrupación profesional), escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e incluída na oferta de emprego público do ano 2019.
22-09-2023 -

Rectificación listaxe definitiva admitidos/as e excluídos técnico/a administración xeral

Anuncio rectificación da resolución de alcaldía núm. 886/2023, pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a creación dunha listaxe de aspirantes para o nomeamento como funcionario/a interino/a de postos/prazas de técnico/a de administración xeral (grupo: A, subgrupo: A1, escala de administración: xeral, subescala: técnica) do Concello de Fene, mediante oposición libre. 
 
22-09-2023 -

Listaxe definitiva admitidos/as e excluídos/as lista de aspirantes praza de arquitecto/a técnico/a

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para o nomeamento como funcionario/a interino/a de postos/prazas de arquitecto técnico (grupo: A, subgrupo: A2, escala de administración: especial, subescala: técnica) do Concello de Fene, mediante oposición libre. 
21-09-2023 -

Listaxe provisional dirección e docentes INICIA VII

Baremación e listaxe provisional das persoas aspirantes que optan a participar como persoal directivo e docente no Obradoiro de Emprego Garantía Xuvenil INICIA VII. Son seleccionados/as, con carácter provisional, os/as candidatos con maior puntuación. De acordo ca base 6ª, os/as aspirantes disporán dun prazo de 1 día hábil, a contar a partir do día seguinte a esta publicación, para realizar calquer reclamación que considere oportuna.
18-09-2023 -

Praza técnica calidade. Listas definitivas

18-09-2023 -

Valoración definitiva, lista provisional persoa que superou proceso e bolsa emprego praza de xestor

15-09-2023 -

Anuncio lista definitiva e proposta selección e nomeamento/contación Auxiliar de axuda no fogar

15-09-2023 -

Lista definitiva admitidos/as excluídos/as selección do persoal directivo e docente INICIA VII