Convocatorias

29-06-2020 -

Aprobación da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as nos procesos selectivo de creación listas aspirantes a prazas chofer conductor e peón/a tractorista.

26-06-2020 -

Publicado a aprobación da lista definitiva de admitidos/as e excluidos/as no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a prazas de peón/a, designacicón e convocatoria do tribunal

26-06-2020 -

Convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 2 peóns/as de xardiñeiro/a, mediante o sistema de oposición, para a realización da obra ou servizo denominado “Traballos de mantemento forestal”

18-06-2020 -

Lista provisional de persoas incluidas e excluidas no proceso selectivo de lista aspirantes a prazas peón/a

10-06-2020 -

Convocatoria dos procesos de selección para a creación de dúas listas de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de chofer condutor/a e peón/a tractorista

10-06-2020 -

Convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social, mediante o sistema de concurso libre

09-06-2020 -

XXIV Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”

Trala publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia deste martes 9 de xuño, o Concello de Fene informa da apertura do prazo para presentar obras a unha nova edición dos “Premios Curuxa” do Museo do Humor. As persoas interesadas en participar, poderán entregar ou remitir os seus debuxos ao Rexistro Xeral do Concello (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, Fene) até o vindeiro 10 de xullo.

Esta nova edición dos Premios Curuxa contempla dúas categorías: CURUXA, para maiores de 25 anos residentes no Estado español; e CURUXA-NOVA, para persoas de 16 a 25 anos residentes no Estado español (as persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA). Os/as participantes poderán presentar un só debuxo de temática libre, en formato: viñeta, tira ou cómic (máximo 1 páxina). 
 
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita e presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente (impresión de alta calidade). Non se admitirán fotocopias nin gravados e a dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cms (A3).
 
Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado (castelán, catalán, euskera) aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo. Tamén se admiten traballos de humor mudo.
08-06-2020 -

Convocatoria para a contratación laboral temporal no Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña, anualidade 2020

25-05-2020 -

Nomeamento dunha funcionaria interina, peona de obras

21-04-2020 -

Anuncio contratación temporal de 3 auxiliares de policia local