05-06-2023

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista en Oia

Dende a Concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe luns 5 de xuño de 2023 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ANA VANESSA SERÉN de 44 anos e veciña de Oia (Pontevedra)
Ana Vanessa foi violentamente asasinada pola súa ex parella, Víctor G.D., este sábado no seu lugar de traballo no municipio pontevedrés de Oia en presenza de varios menores que xogaban preto do lugar, pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas as mulleres polo mero feito de ser mulleres.

Ana Vanessa é a segunda vítima mortal da violencia machista en Galicia no 2023 sendo 21 as mulleres asasinadas en España no que levamos de ano (Fonte: MInisterio de Igualdade)
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.
01-06-2023

O papel da familia na prevención das adiccións

Aínda podes inscribirte na xornada sobre o papel da familia na prevención das adiccións que se desenvolverá o vindeiro mércores día 7 de xuño ás 18.30 h na Casa da Cutura de Fene.

Xornada enmarcada no programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovidas polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda; encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.
 
 
30-05-2023

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” visitará Fene a mediados de xuño

As persoas maiores de 55 anos son as destinatarias do programa “Coidados porta a porta” da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que ten como obxectivo prestar gratuitamente distintos servizos como: prevención da xordeira (atención básica, informativa e de prevención); podoloxía (para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como eliminación de durezas, control de unllas ou calosidades); e prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas (probas de valoración cognitiva e estimulación da memoria). O prazo de solicitude de cita previa para beneficiarse destes servizos xa está aberto.
25-05-2023

A Casa da cultura, acollerá dúas xornadas adicadas á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións

Xornadas enmarcadas no programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovidas polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda; encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.
04-05-2023

Comezan os obradoiros escolares para a prevención e abordaxe de conflitos desde a educación emocional

"Desenvolver habilidades sociais e emocionais para previr conflitos e resolvelos de forma sana e respetuosa, tomando como base a educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación non violenta”. É o principal obxectivo dos programas “Saúde na escola” e “Mais que un teito” que promoven os Concellos de Fene, Mugardos e Neda a través dos Servizos Sociais municipais, subvencionados pola Consellería de Sanidade. Esta semana comezaron as sesións de traballo co alumnado de primaria dos centros escolares de Fene e o vindeiro luns terá lugar un encontro dirixido a familias con fillos/as de calquera idade para afondar nesta temática. O prazo de inscrición para esta actividade finaliza hoxe venres. As persoas interesadas en participar poden anotarse a través do enderezo electrónico servizos.sociais@fene.gal ou nos teléfonos 981342607-981492706.
25-04-2023

Xornada sobre a resolución de conflictos

O 8 de maio, ás 18.30 h,  a Casa da Cultura de Fene acollerá unha xornada dirixida ás familias, sobre a resolución de conflitos.

Actuación; impartida por Andrea Bechlian, psicóloga e educadora de disciplina positiva; encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a abordaxe dos conflitos dende a educación emocional e comunicación non violenta, de maneira precisa e axeitada para previr comportamentos conflitivos nas familias.
17-04-2023

Vacacións en paz 2023

O concello de Fene, dende a Área de Benestar Social e Igualdade, súmase un ano máis o proxecto VACACIÓNS EN PAZ da man da Asociación Galega Solidaridade co Pobo Saharaui.
Se estás interesada en ser familia acollledora podes contactar cós Servizos Sociais de Fene.
Se precisas información podes chamar ao teléfono da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí no teléfono 986262637
03-04-2023

O uso problemático da tecnoloxía

O vindeiro 13 de abril, ás 18.30 h, a Casa da Cultura de Fene acollerá unha charla encamiñada a mellorar e complementar a información sobre o uso da tecnoloxía, de maneira precisa e axeitada para previr comportamentos aditivos nas familias.
28-03-2023

A Concellería de Benestar Social e Igualdade amplía o prazo prazo para inscribirse  no curso de mantemento básico de vehículos para mulleres

Por mor da festividade da Semana Santa, as datas iniciais ampliáronse, de tal xeito que a acción formativa desenvolverase  até o 15 de maio, en lugar do día 8, e as inscricións estarán abertas até o 5 de abril.  Mantense a data de incio, o día 27 de marzo ás 16.30.
21-03-2023

Charla e exposición fotográfica sobre o dano cerebral adquirido en Fene

A Casa da Cultura de Fene acollerá o vindeiro xoves 30 de marzo, ás 17.30 horas unha charla sobre “O dano cerebral adquirido”, froito da colaboración dos Servizos Sociais municipais coa Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). No acto falarase das posibles causas desta doenza (ictus, accidente de tráfico, tumor cerebral, anoxia, etc), así como da prevención e rehabilitación. O mesmo día abrirá ao público no salón de actos da Casa da Cultura unha mostra fotográfica titulada “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido”, mostra que se poderá visitar até o 14 de abril en horario: de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas (o horario durante a Semana Santa será de luns a venres, de 10 a 14.15 horas).