Avisos

27-05-2020

Prorrógase a vixencia dos certificados de recoñecemento da discapacidade e as tarxetas de discapacidade ata o 14 de marzo de 2021

A Consellería de Política Social mediante a resolución do 26 de maio de 2020 prorroga a vixencia das resolucións e certificados de recoñecemento do grao de discapacidade expedidos en Galicia, que se atopan sometidos a revisión por caducidade no ano 2020.
Prorrógase ata o día 14 de marzo de 2021 a vixencia do grao de discapacidade recoñecido e que teñan unha vixencia temporal con data de finalización ata o 31 de decembro de 2020.
Esta prórroga entenderase igualmente aplicada as tarxetas de discapacidade que teñan unha vixencia temporal con data de finalización ata o 31 de decembro de 2020.
As persoas con discapacidade cuxo certificado caducase ou caduque durante esta prórroga que non solicitasen con anterioridade a revisión de grao de discapacidade, deberán solicitala unha vez finalizado o estado de alarma provocado porla crise do COVID-19, presentando a solicitude nos SS.SS. Do Concello ou ben directamente na Sección de cualificación e valoración da discapacidade.
Aquelas persoas que consideren que se produciu un empeoramento na súa situación poden solicitar unha revisión do grao de discapacidade por agravamento, independientemente de que a prórroga do certificado houbese ou non expirado.
 
27-05-2020

O prazo para presentar a declaración da pensión non contributiva no caso de non tela presentado será do 1 de xuño ata o 18 xuño de 2020

25-05-2020

Anuncio exposición Pública da relación de Seccións, Mesas e Locais Electorais para estas Eleccións

22-05-2020

Resolución da alcaldía do levantamento da suspensión de prazos administrativos e a continuación coa tramitación de varios procedementos

20-05-2020

O servizo de orientación laboral publica boletín informativo

19-05-2020

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

15-05-2020

Corte de tráfico por mor das obras de saneamento o día 18 na Rúa da Paz

12-05-2020

A Deputación da Coruña convida ás entidades culturais a adaptar os seus programas ás esixencias do coronavirus

10-05-2020

Reactívanse as comunicacións e permisos de queimas nos terreos rústicos

08-05-2020

Anuncio de acordos organizativos